Wednesday 01 de May de 2024

O Concello de Frades organiza mañá venres unha charla sobre a vespa velutina e un taller para facer trampas e atraentes caseiros


O multiúsos de Frades acollerá mañá venres 6 de abril, ás 21:00 horas, unha charla gratuíta sobre a vespa velutina, que incluirá un obradoiro de realización de trampas e atraentes caseiros. Organizada polo Concello de Frades, a asistencia é de balde. A charla está dirixida a todos os veciños e veciñas de Frades que queiran coñecer algo máis sobre a vespa asiática, unha especie foránea devoradora de insectos polinizadores como as abellas e que causa prexuízos económicos nos sectores apícola e frutícola.